Sesión Vermú Con Malditos Roedores A Asociación Cultural Rúa da Música e o Concello de Sarria, dentro do programa das festas de Nadal, presentan unha sesión vermú con Malditos Roedores na Praza de Abastos de Sarria. Ademais, haberá postos de artesanía desde as 11:00 da mañá. Vide a disfrutar con todas e todos nós este evento tan especial!! -> Sobre Malditos Roedores: Malditos Roedores é un grupo vocal nacido en Sarria no 2018. A formación composta por Noelia, Diana, Nerea e Olalla, ten un estilo musical heteroxéneo, que vai desde o soul, o rock e o blues ata o swing e o jazz. A aposta do grupo recae principalmente na combinación das tres voces e a súa harmonía co baixo eléctrico e o contrabaixo. É un grupo que non vos deixará indiferentes. -> Sobre a Asociación Cultural Rúa da Música: A Asociación cultural Rúa da Música é un colectivo que nace co propósito de promover a vida musical en Sarria. Ao longo dos anos, foise constituíndo como un dos principais espazos de creación e consolidación de grupos da vila. Local de ensaio e de concertos, pola Rúa da Música teñen pasado numerosas bandas e artistas, tanto locais e nacionais como internacionais. Desde o seu comezo promoveron diversos eventos e actividades, destacando o Festival Garitosis que xa leva nove edicións e as Jam Session, cita clásica dos venres á noite.