VI Slalom Moeche O VI Slálom Concello de Moeche- Memorial Juan Carlos Sueiras- terá lugar o sábado 28 de setembro e a Escudería Moeche leva xa ben tempo traballando arreo na organización e nos trámites que require un evento destas características. O feito de tratarse dunha proba automobilística e de discorrer por unha zona poboada esixe unha coidada organización e un amplo dispositivo humano, ademais da colaboración “de moitos veciños e veciñas” que botan unha man nos preparativos ou cedendo terreos como aparcadoiro.