VI Ruta Dos Fornos Ás 18:30 dará comezo esta experiencia gastronómica singular en cinco antígos fornos de Pan de Cea. Anunciamos o primeiro deles, o Forno do Lodairo! O carón do mesmo poderanse conseguir as pulseiras que darán acceso a participar deste evento, e lembramos que xa no Concello e nos locais hosteleiros de Cea están a venda tickets para a reserva da pulseira, que tamén garante unha copa conmemorativa como agasallo, se agardas ao mesmo día pode que xa non queden copas.