No Verán Un Conto

  • Vigo (Pontevedra)
  • Categoría: Actividades para niños
  • Lugar: Coia (Praza da Garuda)
  • Dirección: Praza da Tellada, s/n, 36209
  • Horario: 11:30
  • Organizador del evento: Concello de Vigo
22/07/2019,

EiraXandobeleira A Ludoteca Itinerante 'Eira Xandobeleira' componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos que sempre está lista para ir a onde for chamada e haxa ganas de xogar e de pasalo ben. En Xandobela, que significa xogar en barallete, cremos que o xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento das persoas e é unha valiosa ferramenta para dar lugar a unha sociedade mellor, promove a comunicación entre as persoas, permite afondar nas relacións entre os individuos, potenciando a creatividade e o talento, estimulando a posibilidade de ver as cousas de xeitos diferentes, favorecendo mentes abertas, alimentando a capacidade de transformar os conceptos e imaxinar perspectivas novas. A idea da ludoteca itinerante é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo en familia á vez que desenvolvemos as nosas habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa. Dispón dun catálogo de xogos de gran formato de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación... algúns son os de toda a vida e outros que reinventamos a partir de materiais de refugallo. Xogos simples e artesanais sen necesidade de pilas, plásticos ou luces de neón... Contacto: +34 658 628 239 Correo Electrónico: info@xandobela.info

no_verán_un_conto_

Colaboran: