Presentación Do Disco 'Out Of Time' De Dani Soldevilla

  • Ourense (Ourense)
  • Categoría: Música
  • Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel
  • Dirección: Rúa do Progreso, 30, 32003
  • Horario: 20:00
14/06/2019,

Presentación Do Disco 'Out Of Time' De Dani Soldevilla Un acto de presentación do novo disco que será amenizado por unha breve actuación acústica por parte do músico. Daniel Soldevilla (Ourense, 1987) é un artista ourensán con varios proxectos musicais ás súas costas. Entre eles poden destacarse os seus discos (catro) para o proxecto de música de vangarda “Forsaken”, o seu primeiro disco en solitario, “Lost Letters” (2016), ou as diferentes colaboracións con outros artistas locais como a poetisa Rochi Nóvoa ou bandas de rock como Torques Band. O artista presentará “Out of time” , onde contará coa intervención de recoñecidos artistas: Tareixa Taboada (pintora), Anxo Soldevilla Fernández (pintor/deseñador), Isabel Salgado (Presidenta do Ateneo de Ourense) e Yosi Dominguez (Os Suaves). Unha actividade promovida por Ateneo de Ourense.

presentación_do_disco_'out_of_time'_de_dani_soldevilla

Colaboran: