Noite da Santa Compaña do Samaín 2019

  • Ourense (Ourense)
  • Categoría: Otros
  • Lugar: Diversas Ubicaciones
  • Dirección: Praza Maior, 1, 32005
  • Horario: Sin Confirmar
  • Organizador del evento: Concellería de Cultura do Concello de Ourense
31/10/2019,

Para inscribirse, débese enviar un correo electrónico á Concellería de Cultura (cultura@ourense.es), especificando o nome da persoa responsable, o número de participantes e o contacto (teléfono). A Concellería de Cultura do Concello de Ourense reforzará este ano a programación da actividades do Samaín, incorporando como novidade a organización da Noite da Santa Compaña, que servirá de colofón as actividades do día 31 de outubro. A proposta consiste na realización de distintas procesións que xurdirán desde varios puntos da cidade, percorrerán as rúas coas luces apagadas e finalmente confluirán nunha gran festa que rematará na Praza Maior. Desde a Concellería de Cultura convídase aos grupos que o desexen a vestirse e sumarse ás procesións, recreando libremente o que para elas representa a Santa Compaña. Proximamente anunciaranse os percorridos e a programación concreta. A Santa Compaña é na mitoloxía galega unha procesión de ánimas anunciadora da morte. Segundo a lenda, estas hostes percorrían as rúas dos lugares para advertir a aquelas casas onde habería unha defunción. Esta historia popular está profundamente arraigada na tradición cultural galega. Agora desde a Concellería de Cultura preténdese recrear cunha grande participación da xente para potenciar esta data tan significativa.

noite_da_santa_compaña_do_samaín_2019

Colaboran: