Non Todo É O Que Parece 'Leandro Erlich'

  • Santiago de Compostela (Coruña, A)
  • Categoría: Actividades para niños
  • Lugar: Centro Galego de Arte Contemporáneo
  • Dirección: Rúa de Ramón María del Valle-Inclán, 2, 15703
  • Horario: 11:00 - 13:00
18/04/2020, 19/04/2020,

Non Todo É O Que Parece 'Leandro Erlich' Prazo de inscrición: do 6 ao 17 de abril Leandro Erlich xoga coas ilusións, busca desafiar a nosa percepción a partir de imaxes sorprendentes e sen lóxica aparente. A partir desa dualidade entre o real e a súa representación, redactaremos mensaxes ocultas, descubriremos a maxia dos espellos e crearemos pequenos mundos con materiais e técnicas non convencionais. Os talleres son gratuítos e para participar é necesario enviar, dentro dos prazos establecidos para cada un deles, unha mensaxe por correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal e indicar o título da actividade na que desexan inscribirse, os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un enderezo electrónico.

non_todo_é_o_que_parece_'leandro_erlich'

Colaboran: