Aprende deseño gráfico dende cero! Facer logotipos, cartaces ou unha aplicación gráfica para calquera que sexa o teu proxecto non será difícil. ✍️⚡️ Traballo con vectores e moito máis, coa ferramenta líder do mercado da ilustración: Adobe Illustrator. Coñecemento da interface do programa, as ferramentas de traballo, as súas posibilidades en canto a debuxo vectorial e ilustración, cor, pintura, selección de obxectos e modificación dos mesmos, importar e exportar arquivos, traballar con texto, efectos especiais e impresión… Pero non so de Illustrator imos falar, unha base sólida sobre que é a imaxe dixital e para que vale o deseño gráfico é fundamental.