DESCRICIÓN Faremos unha coroa de nadal sobre unha base de palla empregando flores secas e preservadas. Levarás para casa unha preciosa coroa feita por ti, duns 45 cm de diámetro para deixar atónit*s a tod*s este nadal. PROGRAMA 1. Cómo cubrir a base con elementos vexetais 2. Pequeno almorzo 3. Cómo decorar a coroa DOCENTE: Julia Besada Viñas Son florista autodidacta e Product Designer. O meu perfil de instagram é @monte.das.flores DESTINATARIAS Persoas interesadas na decoración empregando elementos naturais. MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO Base de palla, tesoiras, alambre, flores e lazos. NECESIDADES Moitas ganas, trae moitas ganas 🙂