Andreia Costas

  • Vigo (Pontevedra)
  • Categoría: Teatro
  • Lugar: La Casa de Arriba
  • Dirección: Rúa Martín Códax, 23, 36201
  • Horario: 20:30 - 21:30
26/10/2019,

Andreia Costas O próximo sábado 26 de outubro temos o pracer de presentar a Andreia Costas e a súa peza "Lúa Perdida". Unha curta experimental sobre un tempo anterior ó patriarcado.. Sen palabras, todo silencio, movemento, emoción. Mergullar nun matriarcado soñado. A celebración de ser muller, creadora, ordenadora, disfrutadora, sen dor...ata que a lúa rachou. Acompaña a recitación de textos propios sobre menstruación, dragounas e monstros. Exercicio imaxinativo para mergulladorxs de estrelas varias. Nesta ocasión cun único pase ás 21.00, polo que recomendamos chegar ás 20.30 para non perder a proxección. Dende Teatro Gorrilla chamamos a tódolos públicos a disfrutar connosco os sábados en La Casa de Arriba. A entrada é á inversa, é dicir, é responsabilidade do espectador disfrutar do espectáculo e decidir canto pagar ao saír. Esperamos que valoredes todo o que conleva unha montaxe escénica, un recital ou o que poñamos no escenario e o adaptedes ás vosas situacións económicas. O que tentamos é facer que consumamos cultura doutra forma, adaptar o que ofrecemos a tódolos petos e que todas teñamos acceso ás artes escénicas. Esperámosvos coa gorra posta!

andreia_costas

Colaboran: